Destacamos

Biblioteca pública de Burgos

A Biblioteca Pública de Burgos, cuxa orixe se remonta a 1871, é unha biblioteca de titularidade estatal reformada recentemente segundo o proxecto elaborado polos arquitectos Andrés Celis e Jael Ortega, no que se incluíron depósitos de armarios compactos EDISC.

O edificio concíbese como un volume monolítico e aparentemente homoxéneo, cunha pel continua de vidro serigrafado. Esta envoltura non é senón a folla externa dunha dobre cuberta que reviste zonas opacas, transparentes e translúcidas, englobando tamén a fachada gótica, que fica así integrada na composición do edificio.

Atravesada a portada gótica que constitúe a fachada principal, atópase un vestíbulo de tripla altura, iluminado cenitalmente, que permite unha comprensión rápida do conxunto do edificio.

No interior, ábrense dous patios arredor dos cales se sitúan dous núcleos que aloxan a circulación vertical de persoas e servizos. O resto é unha planta totalmente diáfana, que atopa a súa cualificación nas transparencias transversais e nos efectos visuais producidos polos patios.