Producción

Dispomos actualmente dun centro de produción de 2.500 metros cadrados con posibilidade de ampliación até 5.000, situado na localidade de Melide (A Coruña), cunha capacidade produtiva anual de 250.000 metros lineais.

A nosa rede comercial e de servizo posvenda, composta por catro delegacións propias en Madrid, Barcelona, Sevilla e A Coruña, é capaz de atender as necesidades do mercado actual, garantindo unha cobertura en calquera punto da xeografía nacional nun prazo non superior a 24 horas. Un técnico comercial desprázase até o lugar da posible subministración para ver as características do local no que se vai situar a instalación e definir xunto ao usuario as súas necesidades e características.

A nosa oficina técnica elaborará a partir da información recollida un proxecto que permitirá optimizar ao máximo o espazo dispoñible. As solucións ofertadas son personalizadas e adaptaranse tanto ás dimensións de cada local como ás medidas do elemento que se vaia almacenar. O obxectivo é obter o máximo aproveitamento do espazo en cada caso. Ao longo destes anos, a nosa oficina técnica tamén xestionou os proxectos internos de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I), incorporando novos produtos e accesorios á nosa carteira comercial.

Dispomos na actualidade de seis marcas de produto totalmente desenvolvidas, a familia de compactos OFI-KIT minicompacto, E-DISC armarios de desprazamento manual, E-LOGIC armarios automatizados e GRENBLOCK desenvolvidos para equipamento en clubs de golf. Completan a gama as liñas BLOCKART equipamento en museos e pinacotecas e STANDBOOK mobiliario para bibliotecas.

Recentemente incorporamos unha nova evolución de ELOGIC. Trátase dun sistema que permite aproveitar aínda máis o espazo en altura. ELOGIC/Plus permite a creación dunha ou dúas entreplantas, e pode acadar os oito metros de altura.