Quen somos

EYPAR S.A.

Inicia a súa actividade no ano 1990, co obxectivo de dedicarse ao deseño, a fabricación e a venda de armarios compactos e outros produtos relacionados co mundo do arquivo. Calidade e servizo teñen sido e continúan a ser os nosos obxectivos prioritarios.

Nestes anos de continuo crecemento temos evolucionado para nos adaptar ás necesidades dos nosos clientes, ampliando as nosas instalacións, incorporando novas tecnoloxías e mellorando os nosos procesos produtivos.

A pericia acumulada ao longo de todos estes anos inflúe de maneira importante nas solucións que achegamos.

Desde hai anos contamos coa homologación dos nosos produtos por parte da Dirección Xeral do Patrimonio do Estado e tamén en diferentes comunidades autónomas.