BLOCKART

BLOCKART

Almacenamento de obras de arte

Las Mejores condiciones para sus obras de Arte

As mellores condicións para as súas obras de arte
BLOCKART deseñouse para responder ás necesidades de arquivo e almacenamento que xera o constante crecemento do volume de obras de arte en museos, pinacotecas, salas de arte, etc. Os nosos sistemas achegan solucións efectivas, innovadoras, seguras e rendibles aos seus problemas de espazo.
BLOCKART dispón de diferentes accesorios que proporcionan aos obxectos e as obras arquivadas as mellores condicións de depósito.


Optimización do espazo dispoñible

BLOCKART permite elixir entre dúas opcións, peites colgantes e peites rodantes.
O obxectivo principal en cada caso é a mellor optimización do espazo dispoñible e adaptar a instalación ao tipo de obxecto que se vai almacenar.
O peite, elemento común en ambas as dúas opcións, é o soporte sobre o que se suspenden ou apoian as obras. As súas múltiples retículas posibilitan diferentes opcións na hora de distribuír e combinar os diferentes formatos e tamaños.


Peites colgantes para grandes espazos

O noso sistema con peites colgantes móntase sobre unha estrutura autoportante sobre o chan existente. Os peites extráense frontalmente efectuando unha lixeira forza de tracción sobre o tirador que incorporan. Esta opción é recomendable para locais con alturas superiores a 2’5 metros.


Peites rodantes

Este tipo de peites son axeitados para locais de alturas inferiores a 2,5 metros. Desprázanse lateralmente e un só corredor abonda para acceder a calquera punto do seu contido.

O mecanismo de desprazamento pode ser manual (panca) ou volante, que inclúe un mecanismo de redución de esforzo. O modo volante permite o desprazamento de varios módulos ao mesmo tempo.

Os equipos BLOCKART poden incorporar un peche xeral que permite o bloqueo de todo o conxunto, impedindo a súa apertura.

Os peites rodantes BLOCKART deslízanse sobre raís de aceiro calibrado de alta resistencia. Poden colocarse directamente sobre o chan existente ou ir encaixados no pavimento.

A opción plataforma non require ningún tipo de obra para a súa instalación.
Os raís nivélanse directamente sobre o chan existente, incorpora unha rampla perimetral para facilitar o acceso con carros de transporte.

A opción Encaixado pode realizarse directamente en obra con sobreelevación posterior ou mediante apertura de canles no pavimento xa existente.