EFIX

EFIX

Andel metálico fixo

Unha xestión máis eficiente

O coñecemento sempre resultou chave á hora de acadar o éxito. Dispormos da información precisa no momento axeitado pode ser decisivo. Espazo, orde, accesibilidade e conservación son termos fundamentais na xestión de calquera arquivo.

Os andeis EFIX axudarano a realizar unha xestión máis eficiente do seu arquivo facilitando a orde, mellorando a accesibilidade e achegando solucións para mellorar o grao de conservación da documentación arquivada. Os andeis metálicos son modulares, de montaxe doada, o que posibilita ampliar e modificar a súa configuración, así como reutilizar todo o material en posibles cambios de sitio. Ofrecen así mesmo a posibilidade de adaptación a futuras instalacións de armarios compactos móbiles.

A súa versatilidade permite incorporar múltiples accesorios e complementos cos que se adaptar ás diferentes necesidades de cada arquivo (estantes para carpetas colgantes, material audiovisual, revisteiro-expositor, estantes extraíbles, bandexas de consulta, soportes de libros de balea, separadores metálicos, portas batentes, etc.). Os seus principais compoñentes son:

Estantes

Ofrecen unha capacidade de carga de 100 kg por metro lineal e sopórtanse nos paneis e bastidores intermedios mediante ganchos de doada colocación e extracción (para esta tarefa non se precisa ningún tipo de ferramenta nin accesorio). Son graduables cada 25 mm de xeito independente por cada cara do andel.

Laterales exteriores

(panel frontal e traseiro): Construídos nunha soa peza, en prancha de aceiro pulida e laminada en frío de 1 mm de espesor. Na parte exterior están provistos dun visor portatítulos que permite a identificación do contido dos andeis.



Bastidores intermedios

Elementos que dividen o interior dos andeis en dous ou máis módulos segundo a dimensión lonxitudinal destes. A súa estrutura está formada por catro perfís verticais, forrados con paneis divisorios, para evitar o desprazamento e a posible caída da documentación.

Traseras

Elementos que dividen e independizan as dúas caras dos andeis dobres, evitando o posible desprazamento da documentación. Dotan así mesmo a estrutura dunha total estabilidade, evitando a colocación de tensores de arriostamento.

Pés niveladores

Soportan os andeis e permiten a súa nivelación.

Tensores de arriostamento

Elementos que arriostan fortemente os bastidores e dotan a estrutura dunha total estabilidade. Incorporan tensores de rosca para o axuste da verticalidade.


Estética, funcionalidade e robustez

Ofrecemos aos nosos clientes a posibilidade de personalizaren a súa instalación mediante a elección de cor segundo a carta RAL. Estética, funcionalidade e robustez son requisitos que están presentes na evolución continua dos nosos sistemas de arquivo.