EDISC
Armarios compactos
Pomos o seu arquivo en movemento
O coñecemento sempre resultou chave na hora de acadar o éxito.
Dispor da información precisa no momento axeitado pode resultar decisivo. Espazo, orde, accesibilidade e conservación son termos fundamentais na xestión de calquera arquivo.
E-DISC axudaralle a realizar unha xestión máis eficiente do seu arquivo, facilitando a orde, mellorando a accesibilidade, achegando solucións para optimizar o grao de conservación da documentación arquivada e permitindo o mellor aproveitamento do espazo dispoñible.
Unha xestión máis eficiente
Os armarios compactos EDISC deslízanse sobre raís, un só corredor de servizo é abondo para acceder a calquera punto do arquivo. A súa construción á medida do obxecto de arquivo e a adaptación ao espazo dispoñible permítenlle conseguir a máxima capacidade en calquera circunstancia.
Para desprazalos basta cunha simple presión sobre a bóla situada no disco de accionamento. O sistema de redución de esforzo que incorpora permite o desprazamento de varios armarios ao mesmo tempo.
A súa construción metálica ofrece un alto grao de protección ante posibles casos de incendio. Os equipos EDISC incorporan un peche xeral que permite bloquear o conxunto, impedindo a súa apertura.
Facemos máis grande o espazo
Cos armarios EDISC pode duplicar a capacidade do seu arquivo. Os estantes fixos convencionais precisan dun corredor de acceso por cada módulo. Con EDISC un só corredor abonda para acceder a calquera punto do arquivo.
En moitos casos, o valor económico do espazo recuperado amortiza o investimento. Permite ampliacións e a súa construción modular facilita a reutilización de todo o material existente en posibles cambios de localización (traslados).
Estética, funcionalidade e robustez
Os armarios compactos EDISC incorporan múltiples accesorios que lle permiten adaptarse ás diferentes necesidades de cada arquivo. Ofrecemos aos nosos clientes a posibilidade de personalizaren a súa instalación mediante a elección de cor segundo carta RAL e outros acabados. Estética, funcionalidade e robustez son requisitos que teñen estado presentes na evolución continua dos nosos sistemas de arquivo. Máis de vinte anos de experiencia aválannos.