ELOGIC

ELOGIC

Arquivo intelixente

A tecnoloxía máis actual aplicada ao seu arquivo. ELOGIC  elimina esforzos e inclúe elementos que garanten unha total seguridade na manipulación dos armarios.
ELOGIC axudaralle a realizar unha xestión máis eficiente do seu arquivo, facilitando a orde, mellorando a accesibilidade, achegando solucións para mellorar o grao de conservación da documentación arquivada, permitindo o mellor aproveitamento do espazo dispoñible.


 Intelixente e seguro

Os armarios compactos ELOGIC desprázanse de forma automática. Cada armario dispón na súa parte frontal dun panel táctil que permite activar o seu movemento e xestionar todas as funcións que posibilita o equipo electrónico de última xeración que incorpora. Un lixeiro contacto abonda para transmitir a orde desexada. Funcións como autorizar ou denegar o acceso a zonas concretas do arquivo, programar aperturas e peches de xeito automático, modificar a velocidade de avance dos armarios, etc., son algunhas das múltiples posibilidades que ELOGIC pon ao seu alcance.

ELOGIC só precisa para a súa instalación unha toma convencional de corrente de 220 V. O seu baixo consumo permite incorporalo a equipos de alimentación ininterrompida (S.A.I.).
ELOGIC permite modificar os seus parámetros de funcionamento desde un programa que funciona no contorno Windows.
A comunicación co PC pode facerse mediante conexión de rede ou sen fíos.


Permítelle chegar máis alto

A aplicación de ELOGIC permite obter a máxima capacidade en locais de grande altura. ELOGIC pode incorporar un nivel de entreplanta en armarios con altura superior a 3 metros. Neste caso, o armario dispón dun panel táctil en cada un dos seus niveis. ELOGIC tamén contempla a incorporación e a xestión automática de equipos de iluminación propia nos armarios.


O seu arquivo sobre rodas

Os armarios ELOGIC deslízanse sobre raís de aceiro calibrado de alta resistencia. Poden colocarse directamente sobre o chan ou ir encaixados nel.
A opción “Plataforma” non require ningún tipo de obra para a súa instalación. Os raís nivélanse directamente sobre o chan existente, e cóbrense con outros materiais (tarimas de diferentes tipos) os espazos libres para evitar tropezos. Incorpora unha rampla perimetral para facilitar o acceso con carros de transporte.
A opción “Encaixado” pode realizarse directamente en obra (soleira) con sobreelevación posterior ou mediante canles en pavimentos xa existentes.


Aproveitamos mellor o espazo

Coa incorporación dos armarios ELOGIC pode duplicar a capacidade do seu arquivo. Os estantes fixos convencionais precisan dun corredor de acceso por cada módulo instalado. Con ELOGIC un só corredor abonda para acceder a calquera punto do arquivo. Permite ampliacións e a súa construción modular facilita a reutilización de todo o material existente en situacións de traslado a outro local.


Estética, funcionalidade e robustez

Os armarios compactos ELOGIC incorporan múltiples accesorios que lle permiten adaptarse ás diferentes necesidades de cada arquivo.
Ofrecemos aos nosos clientes a posibilidade de personalizaren a súa instalación mediante a elección de cor segundo carta RAL e outros acabados. Estética, funcionalidade e robustez son requisitos que teñen estado presentes na evolución continua dos nosos sistemas de arquivo. Máis de vinte anos de experiencia aválannos.

Comparativa de capacidad con estanterías o con ELOGIC.