OFIKIT

OFIKIT

Arquivos compactos
para oficinas

Minicompacto deseñado para o aproveitamento de espazos de dimensións reducidas.

Dispón de diversos accesorios para permitir o almacenamento de diferentes tipos de elementos, como cartafoles colgantes, caixas de arquivo, bastidores telescópicos para soportes audiovisuais, etc.

Deslízase de xeito manual, ao efectuar unha lixeira presión sobre un tirador situado na súa parte frontal. A base de rodaxe está formada por dous perfís de aluminio con rampla de acceso para evitar tropezos. No espazo interior entre ambos perfís colócase unha tarima con acabado plastificado.

A súa instalación non require ningún tipo de obra. A súa montaxe é simple e facilita posibles traslados.

O elemento base (configuración mínima) está composto por un módulo simple fixo, un módulo dobre móbil e un módulo simple de peche. O conxunto pode ampliarse incorporando elementos dobres móbiles.

 

 

Cada grupo de armarios incorpora un sistema de peche xeral con chave que permite o seu bloqueo, impedindo a entrada de luz e po.

Dispón de diferentes acabados exteriores, co fin de facilitar a súa integración nos diferentes contornos. O vinilado, un deles, permite a incorporación de imaxes ou logotipos corporativos.

Comparativa de capacidad con estanterías o con OFIKIT.