STANDBOOK

STANDBOOK

Estantes modulares para bibliotecas

Sistema modular de estantes MIXTOS que combinan os acabados da madeira e a robustez do metal.

A liña STANDBOOK está formada por tres series de estantes (“Mixto”, “Góndola”, “Góndola-Mixto”), que ofrecen diversas alternativas e posibilidades na configuración de cada BIBLIOTECA.

Os diferentes acabados e cores permiten a integración da STANDBOOK en distintos espazos e ambientes. STANDBOOK está pensada para facilitar a accesibilidade e organización ao usuario, de maneira áxil e cómoda.


Características constructivas

Os costados son de taboleiro de fibras chapado en madeira natural (diferentes acabados). Incorporan nos seus laterais perfís redondeados en madeira maciza.

Os andeis son metálicos e están dotados de tope posterior e portaetiquetas na súa parte frontal. Sopórtanse nos bastidores intermedios mediante cartelas regulables en altura.

A estrutura, composta por traseiras e bastidores intermedios, tamén é de construción metálica. Inclúe pés de nivelación.


Accesorios

A súa ampla gama de accesorios e complementos posibilitan a adecuación de cada proxecto ás necesidades de cada usuario.